Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 2: Cortegada - Ribadavia (fácil)

Cortegada - Ribadavia (fácil)

Datos:

Lonxitude: 13,10 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 2 h. 50 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre sobreiras, carballos e piñeiros que nos acompañarán ao longo do traxecto, a natureza sorprenderanos, pequenas aldeas, como San Bieito onde podemos ver o "humilladoiro" de Meréns, seguindo o Miño chegaremos a Arnoia e finalmente a Ribadavia antiga capital do Reino de Galicia.

Tramo 1: Cortegada - Meréns

  • Lonxitude: 3,60 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 47 min.
Seguimos por unha pista asfaltada á dereita que nos leva ata a igrexa de San Bieito (San Benito) pasando antes polo lugar dos Muíños. Desde alí dirección norte e por estrada ata chegar pouco antes do núcleo de Meréns onde collemos á esquerda un camiño que nos achega ata a entrada da aldea, ascendemos polo camiño que nos levará a un peto de ánimas e a Casa dos Sarmiento, chegamos ata a igrexa parroquial, na que no seu interior hai unha ara romana, continuando á dereita ascendendo pola aldea á saída collemos un camiño de terra entre muros cun ancho de 3 m e con tramos lousados ata chegar ao outro camiño de terra máis ancho.

Tramo 2: Meréns - Arnoia

  • Lonxitude: 4 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 52 min.
Desde Meréns entraría o roteiro polo camiño de terra que chega ata as aldeas de Lapela e  Remil (Arnoia), tomando o camiño lousado e de terra, entre muros e cun ancho duns 3 metros, que vai descendendo ata chegar ás Poldras que se cruzan sobre o río Arnoia, preto da casa reitoral ou priorado do Mosteiro de Celanova e da igrexa parroquial de San Salvador.

Tramo 3: Arnoia - Ribadavia

  • Lonxitude: 5,50 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 1 h. 12 min.
O camiño vai ascendendo pola parte vella de Paixón e Sendín, onde se atoparon dúas aras romanas depositadas no Museo Arqueolóxico de Ourense, ata a capela de San Amaro (outra máis neste camiño, con santo dedicado á curación e axuda a enfermos e camiñantes). Desde aquí seguimos por pista asfaltada ata A Porqueira (fermoso peto de ánimas) e logo ata o núcleo de Reza onde desde moi antigo había un paso de barca que era utilizado para cruzar o río Miño ata a aldea de Francelos e desde alí ata a vila de Ribadavia. Na actualidade o roteiro continúa por pista asfaltada ata chegar a ponte actual que cruza o Miño entrando en terras de Ribadavia, continúa pola estrada ata a pasarela peonil que cruza o río Avia para introducirse na vila de Ribadavia pola Porta Nova.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar