O Camiño Miñoto Ribeiro no programa A Revista Fin de Semana da CRTVG (Corporación Radio e Televisión de Galicia) onde Cástor Pérez Casal historiador e José Ramón Estévez Investigador falan dos 20 anos de traballo e dedicación para a recuperación do Camiño Miñoto Ribeiro.
O camiño comeza en Braga e entra en Galicia en Portela do Home no Concello de Lobios seguindo por Entrimo, Castro Leboreiro (Portugal), Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.