Convocados polo Conselleiro de Cultura e Turismo D. Román Rodríguez González e, polo presidente da Asociación de municipios do Camiño Miñoto Ribeiro D. Avelino Luis de Francisco Martínez, na localidade portuguesa de Castro Leboreiro ( Melgaço-Portugal); reúnense os representantes municipais dos diferentes concellos galegos polos que transcorre o Miñoto Ribeiro, os representantes das cámaras municipais portuguesas por onde discorre este vial, desde a veciña cidade de Braga e o equipo de Investigación oficial do Camiño Miñoto Ribeiro, co fin de dar a lombeirada oficial e final a este proxecto de recuperación do vial xacobeo Miñoto Ribeiro.
É preciso facer unha mención especial ao traballo de delimitación do Camiño Miñoto Ribeiro que por entón estaba a realizar un membro do equipo de Investigación Oficial, J. Lamas Bértolo por encargo expreso do presidente da Asociación de municipios do Camiño Miñoto Ribeiro; como colofón aos traballos encamiñados á parte final administrativa solicitado desde a Consellería de Patrimonio. Neste encontro, fáiselle entrega ao conselleiro, dun anticipo do estudo de delimitación.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.